UN ANO MOI RARO (35mm)
diciembre 31, 2020
... remata o ano máis raro das nosas vidas ...

... e non podo falar mal del ...

... todo semellaba normal aínda que o ceo xa respiraba con dificultade ...

... as augas recollían a calma ...

... e só querían unha calurosa benvida nese fogar sen presenza ...

... os ollos non eran capaces de enfocar ...

... ao non atopar a ninguén a esas horas da mañá ...

... só quedaba botar combustible e saír pitando ...

... abrumados polos calores da ansiedade ...

... so había unha solución ...

... camiñar e camiñar ...

... e a maioría das veces, sen rumbo ...

... kilómetros e momentos de illamento ...

... que facían estragar as consciencias máis audaces ...

... as que buscan a plenitude e as fermosas ondas do mar ...

... sempre con ansias de cruzar ...

... e controlar os cruzamentos de cables ...

... para sentir a dirección máis axeitada ...

... e non perderse na incongruencia dos camiños ...

... seguimos aquí asomados á ventá ...

... cos soños postos en alza ...

... e co desexo de que todo saia ben ...

... Feliz ano e boas ondas!!! ...