Sempre aberta!!!
abril 18, 2019
... a porta que sempre está aberta ...

... non ten chave e deixa pasar ...

... acepta as visitas ...

... e non hai necesidade de chamar ...

... é a que acolle inconscientes ...

... nos días claros e tamén nos de dor ...

... a que te envolve ca súa risa ...

... e non esconde a liberdade nin o amor ...

... é a que dá felicidade ...

... e non destrúe a noite ...

... a que abre o paso ao outro lado ...

... e observa de lonxe ...